Inditex enche os petos nas rebaixas

As tendas xa anuncian as rebaixas de inverno. (Xoán Roberes)
O 7 de xaneiro da comezo de forma oficial a tempada de rebaixas na Galiza, na que as grandes superficies parten con vantaxe.

Pasadas as festas chegan as rebaixas. As de inverno perderon parte da sona que tiñan hai uns anos. A culpábel é a liberalización do calendario. Para a Xunta, o arranque da tempada de descontos de inverno dá comezo este 7 de xaneiro. Firmas como H&M Mango ou El Corte Inglés xa tomaron a iniciativa e iniciaron os descontos con días de antelación. 

Nas próximas semanas, grazas a estes descontos, as firmas buscarán dar saída ao stock. Para iso, precisarán de axuda extra. A campaña traerá consigo 5.500 novos contratos na Galiza, temporais, iso si. Cada galega gastará de media 300 euros, dos que boa parte rematarán nas mans do grupo Inditex.

 

A información íntegra pode consultala na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube.