Mellor non subscribamos plans de pensións pivados
Desde a década dos 90, a banca privada e unha boa morea de economistas –moitos deles vencellados, paradoxalmente, á función pública- animan a subscribir plans privados cos que complementar as pensións tras a súa xubilación. Porén. a realidade dos números aconsella o contrario. Que hai detrás dos plans de pensións privados? Eis un extracto da reportaxe que publicamos no Sermos Galiza 227, á venda xa na loxa.
Non hai arma máis eficaz que o medo, un medo inoculado na xente a través de declaracións, informes, estudos e dados que, torturados convenientemente, din o que con insistencia pregoan a banca privada e as grandes corporacións co obxectivo de facer medrar o seu negocio: o sistema público de Seguridade Social periga e cómpre sermos previsoras e previsores para nos asegurar o cobro dunha pensión razoábel. Para que faga efecto, é fundamental espallar e manter un estado xeral de incerteza no que mesmo é decisiva a introdución dalgún elemento veraz no debate: o devalo demográfico fai insostíbel a medio prazo un sistema de “solidariedade interxeracional” como este.
[Podes ler a reportaxe íntegra no Sermos Galiza 226, á venda na nosa loxa]