O goberno español ordena devolver 200 millóns de euros ás eléctricas polo bono social de 2014

O Ministerio de Enerxía ordenou devolver ás comercializadoras eléctricas as cantidades pagadas polo bono social no ano 2014, por volta de 200 millóns de euros máis os mintereses correspondentes, con cargo aos superávits do sistema eléctrico.

 

Nunha orde publicada esta quinta feira no BOE o Goberno executo deste xeito as sentenzas do Tribunal Supremo que dera a razón ás eléctricas no reparto no sistema de financiamento do bono social.

 

O bono social eléctrico estivo en 2014 nuns 200 millóns e foi asumido na súa maior parte por Endesa (41%), Iberdrola (38%) e Gas Natural Fenosa (14,1%). Este bono é un desconto, que entón acadaba 25%, no recibo da luz e ao que teñen dereito algúns colectivos considerados vulnerábeis e do que se benefician por volta de 2,4 millóns de fogares no Estado.