Os gandeiros estenden e intensifican bloqueos e mobilizacións no quinto día de protesto
As accións dos produtores amplíanse a Lalín, Vilalba, Sarria ou Monforte. Ademais de Carrefour e Alcampo, tamén se protestará ante áreas comerciais de Lidl, Eroski e DIA. Na cidade lucense centos de persoas manifestáronse en apoio ao sector.
Os gandeiros xa anunciaran que as mobilizacións que encetaban o pasado 10 de decembro eran con carácter indefinido, ata lograr uns prezos xustos para o leite. Esta segunda feira, quinto día de mobilizacións, os bloqueos e protestos esténdense e intensifícanse. É moito o que está en xogo, lembran os produtores, que insisten en que mentres se lles pague o litro de leite por baixo dos 27 céntimos (os custos de produción superan os 33) están cunha corda ao pescozo.
En Lugo, e convocados por Agromuralla, centos de persoas marcharon pola cidade exixindo prezos xustos para o leite e o cumprimento do acordo asinado en setembro.
Imaxes manifestación Lugo: @revistaafriga