A disolución de empresas aumentou nun 26% neste ano, 10 puntos por riba da media estatal

Polígono da Grela
Neste 2012 na Galiza disolvéronse perto de 1.500 empresas. Aliás, os concursos de acreedores incrementáronse nestes meses nun 46%

Un total de 1.449 empresas disvolvéronse na Galiza entre xaneiro e setembro, segundo os datos da consultora D&G. Isto supón un incemento do 26 por cento en firmas que pasaron por este proceso, mentres que a media a nivel de estado español está no 17%, case dez puntos menos. Comercio, construcción e inmobiliarias foron os sectores nos que máis empresas se disolveron nestes últimos meses. Ramos onde a crise económica bate con especial intensidade. Mais tamén na industria 

Nestes nove meses, os concursos de acreedores que se presentaron en Galiza foron 385, o que supón un incremento do 49% en relación ao mesmo periodo de 2011, 20 puntos máis que a media do estado español, onde o aumento foi do 28%.

Destrución de empresas a ritmo de vertixe

Entre 2008 e 2010 Galiza perdeu 4.500 empresas, na súa gran maioría pemes, segundo os datos do Instituto Nacional de Estadística (INE). Nese mesmo período, a destrución de emprego no noso país xerou que houbese perto de 70.000 novas persoas desempregadas. O Consello Económico e Social (CES) alertaba xa en 2010 que pola volta do 8% das empresas disoltas no conxunto do estado eran galegas.

Paralelamente, nestes anos o desemprego disparouse. A destrución de emprego e o aumento do número de persoas desempregadas produciuse en todos os sectores, aínda que foi máis marcada na construción e industria (con especial incidencia en eidos fulcrais para o país, como o naval ou a automoción) . Aliás, desas 276.000 persoas que están desempregadas, 76.000 son de longa duración. Na construción, durante o mandato de Feijóo o desemprego aumentou en 4.000 persoas. Mais foi en servizos onde o desemprego se disparou nestes tres anos e medio, ao pasar de 58.000 desempregad@s a máis de 85.000.

Ademais, co capítulo en que figuran as persoas que procuran o seu primeiro traballo ou ben pederon o anterior hai máis dun ano, pasouse das 60.400 que había cando Feijóo asumiu a presidencia da Xunta ás 141.100 dese verán.

Menos capital investido

Nestes mesmos meses creáronse 3.200 empresas. A suma total do capital investido nelas é de 184 millóns de euros, o que supón un descenso do 58% a respecto de 2011.