Gadis incorpora termómetros infravermellos como medida de seguridade

Gadis extrema as medidas de protección pola COVID-19 (Gadisa)

A medida trata de evitar que os empregadas con febre vaian a traballar e poidan acudir de inmediato aos servizos médicos.

Se tivésemos que falar de heroes na crise do coronavirus, as traballadoras de supermercados estarían nas primeiras posicións. Gadis, para compensar parte do esforzo que están a realizar, decidiu fechar os seus estabelecementos onte e hoxe. Volverán abrir mañá con medidas extra de protección, como a incorporación de termómetros infravermellos de lectura de temperatura a distancia nos puntos de venda e almacéns para garantir que ningún empregado con febre se incorpore ao seu posto de traballo e poida acudir inmediatamente aos servizos médicos, apuntan desde a firma de distribución.

Esta medida súmase á dotación de pantallas de protección facial, xel hixienizante, luvas e máscaras ás traballadoras para garantir a súa seguridade e a da clientela.