Falece aos 79 anos o empresario coruñés Manuel Jove, unha das maiores fortunas da Galiza

Manuel Jove

Fundador da inmobiliaria Fadesa.

Manuel Jove Capellán, fundador da inmobiliaria Fadesa, faleceu na Coruña aos 79 anos de idade. Foi un dos maiores promotores inmobiliarios no Estado e tiña unha gran fortuna, que Forbes cifrou nuns 1.600 millóns de euros, unha das maiores da Galiza.

Jove vendeu en 2006 Fadesa, que fundou a principios dos 70, ao tamén empresario Fernando Martín Álvarez, xusto antes de que estoupase a burbulla inmobiliaria, por un valor de 2.800 millóns de euros.

Na actualidade era o máximo accionista de Inveravante, empresa que el propio creou para dirixir o seu 'holding'.

A Xunta gobernada por Manuel Fraga concedeulle en 2005 a Medalla Castelao.