Facenda adianta o inicio da Campaña da Renda e Patrimonio 2024: consulta aquí os prazos e todas as novidades

Varias empregadas nunha oficina da Axencia Tributaria. (Foto: Marta Fernández / Europa Press)
O 2 de abril abren os primeiros prazos para a presentación da declaración da renda correspondente a 2024.

A Campaña da Renda e Patrimonio de 2024 arrincará o próximo 2 de abril coa presentación das declaracións por internet, de acordo con o calendario do contribuínte da Axencia Tributaria. Así, a campaña porase en marcha antes do inicio da Semana Santa.

O día 3 de abril abrirá o prazo para a presentación das declaracións a través de internet e estenderase até o 30 de xuño de 2025. Desde o 6 de maio até o 30 de xuño de 2025, a Axencia Tributaria poderá confeccionar a declaración do contribuínte por teléfono –a solicitude de cita estará dispoñíbel desde o 29 de abril ata o 27 de xuño–.

Será entre o 2 e o 30 de xuño de 2025 cando a Axencia Tributaria poderá confeccionar aos contribuíntes as declaracións de forma presencial nas súas oficinas, con solicitude de cita desde o 29 de maio até o 27 de xuño. Con todo, hai que ter en conta que o prazo de presentación para as declaracións con resultado a ingresar e domiciliación finaliza o 25 de xuño.

A persoas paradas deberán facer a declaración

Unha das novidades máis relevantes para este ano é que as persoas paradas beneficiarias da prestación por desemprego terán que presentar a declaración da renda a partir de 2025, con independencia de que cumpran ou non o importe mínimo para facela, como era preceptivo até o de agora.

Ata este ano os parados que percibían a prestación, como calquera asalariado, non estaban obrigados a presentar a declaración se non obtiñan ingresos superiores aos 22.000 euros anuais ou por encima dos 15.000 euros se tiña dous ou máis pagadores e un deles lle abonabae máis de 1.500 euros anuais.

Segundo pagador

Tamén, como novidade deste ano, o importe dos segundos ou máis pagadores a partir do cal é obrigatorio presentar a declaración da renda elévase a 2.500 euros, fronte aos 1.500 euros que operaban até o momento.

Do mesmo xeito que o ano pasado, tamén estarán obrigados a presentar a declaración os autónomos, independentemente dos seus ingresos, e os beneficiarios do Ingreso Mínimo Vital (IMV).

12.907 millóns en devolucións

Os últimos datos de feche do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas de 2023 (IRPF 2023) reflicten que a Axencia Tributaria devolveu 12.907 millóns de euros a 15.852.000 contribuíntes. Desta forma, a data do 30 de decembro, realizáronse 97,4% das devolucións solicitadas en número e abonáronse 94,9% dos importes correspondentes a esas solicitudes, en liña co ano anterior.

A Axencia Tributaria destaca que a feche de ano mantense un "forte incremento interanual" das devolucións pagas (+7,9% en número e +14,5% en importe), consistente coa propia evolución das solicitudes de devolución presentadas polos contribuíntes.

Á súa vez, presentáronse un total de 24.131.000 declaracións, un 4,9% máis que o ano anterior, das cales un 67,5% (16.279.000) son con resultado a devolver e 6.239.000, con saldo a ingresar.