Estafad@s polas preferentes poñen a alcaldes do PP na disxuntiva: "Ou @s veciñ@s ou o partido"
Os e as estafadas polo calote das preferentes endurecen as protestas e mobilizacións conscientes de que están a xogar contra reloxo. E non están dispostos a que os responsábeis políticos do calote, PP, saian de rositas. Esta liña de actuación estase a notar principalmente na zona do Baixo Miño. Hai unhas horas, ducias de afectad@s polas preferentes irrumpiron no pleno de As Neves para exixir de alcalde e concelleiros do PP que se comprometesen a se dar de baixa do partido se non se daba unha solución xusta aos e ás estafad@s.
O PP da provincia de Pontevedra vén de emitir un comunicado no que denuncia actitudes violentas" contra os seus alcaldes e concelleiros
Hai uns días, e grazas á insistencia dos e das afectadas, o alcalde de Oia e os outros cinco concelleiros do PP ameazaban con se dar de baixa dese partido se goberno central e autonómica non varían a súa posición a respeito do calote das preferentes.
E nea dinámica, estafad@s polas preferentes presionaron ao goberno do Porrio, tamén do PP, para que se comprometese a abandonar o partido se non se solucionaba a estafa. Un cento de afectad@s foron ao pleno que comezaba ás sete da tarde desta segunda feira. E alí estiveron até case as seis da maá, sen deixar marchar a alcalde e concelleir@s. Ao rexedor exixíanlle un compromiso como o do seu compañeiro de Oia, mais o alcalde negouse. Dixo que a solución ao problema non era política, o que indignou aos presentes.
Subdelegado e Garda civil
Até a Casa do Concello achegáronse non poucas dotacións da Garda Civil, así como o subdelegado do Goberno español coa intención de mediar. O grupo municipal do PP tivo que abandonar o Concello pola porta traseira. A oposición continuou reunida cos e coas estafadas.
O PP da provincia de Pontevedra vén de emitir un comunicado no que denuncia actitudes violentas" contra os seus alcaldes e concelleiros
Foto tirada do twitter de Lara Graña