A enxeñaría fiscal de Inditex
Entre o 26 de outubro e o 3 de novembro, as traballadoras das tres tendas Bershka de Vigo, da tenda de Pontevedra e da tenda de Vilagarcía botáronlle un duplo pulso a unha das marcas do maior grupo téxtil do mundo. En realidade foi unha dupla pugna: contra a empresa e contra o silenciamento intencionado da maioría dos medios de comunicación, que obviaron o paro e optaron por publicar os resultados da revista Forbes ou os 628 millóns de euros que o fundador de Inditex cobrou pola revalorización das súas accións. Mais como rebaixa o xigante téxtil a súa factura fiscal? Eis un extracto da reportaxe publicada no Sermos Galiza 271.
A actitude dos medios de comunicación lembra a que mantiveron a finais do ano pasado, cando o eurogrupo Os Verdes-Alianza Libre Europea presentou un estudo no que cuestionaba o entramado societario da multinacional, unha fórmula complexa que lle permitía beneficiarse da fiscalidade dalgúns Estados membros da Unión Europea ben coñecidos por “facilitar” a implantación de sociedades mediante políticas tributarias laxas. A denuncia non era nova e, de feito, tiña varios precedentes. O primeiro e máis soado foi en 2011, cando a transnacional repatriou a súa filial de vendas on-line tras saltar á opinión pública que a creara en Irlanda co obxectivo de aforrar impostos, xa que nese Estado o Imposto de Sociedades supón menos da metade que no Estado español, en concreto un 12,5%.
[Podes ler a reportaxe íntegra no número 271 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques habituais]