A empresa solicita a liquidación inmediata de Alimentos Lácteos

Alimentos Lácteos solución

A CIG afirma que a empresa solicitou a liquidación inmediata. O comité de empresa considera que esta decisión implica a proposta para a realización dun ERE extintivo para a totalidade dos traballadores da factoría de Outeiro de Rei

Alimentos Lácteos, S.A. Levaba meses nun proceso colectivo de suspensión dos contratos da totalidade do cadro de persoal desta factoría de Outeiro de Rei. Desde a CIG afirman que se entra nunha nova fase, pois a empresa “solicitará abrir a fase de liquidación, con carácter inmediato, probablemente durante este mesmo venres”.

Dende o comité de empresa víñase advertindo desde finais de agosto, lembran desde a central nacionalista, que a entrada en liquidación era inminente. No cadro de persoal enténdese entenden que dita nova “traerá aparellada a proposta para a realización dun ERE extintivo para a totalidade dos traballadores e, con iso, a apertura dun proceso que deberá encamiñarse a coñecer en profundidade as causas que levaron ó fracaso o proxecto de Alimentos Lácteos e os seus responsables.”

Falta de explicacións

O comité de empresa, malia todo isto, “carece de explicación formal sobre os intentos que se puideran ter dado dende a empresa para conseguir un convenio dentro do concurso”. Desde a CIG, qentenden que todo puido ser unha manobraq “de mutuo acordo entre Alimentos Lácteos e o propietario, polo cal se procede a expulsar das instalacións da factoría de Outeiro de Rei á actual empresa, terá moito que ver coa precipitación de tales acontecementos”.

O conxunto dos traballadores, á vista do preceptivo informe da administración concursal, demándalle á Xunta unha explicación solvente “relativa, dunha banda sobre o destino de tamaña inversión pública e o interese en manter viva dita empresa cun proxecto de dubidosas garantías ata finais do verán pasado e, doutra, unha explicación sobre a incapacidade do Partido Popular para, dende hai case un ano, non ser quen de atopar nen a máis mínima solución para, cun proxecto viable, garantir o futuro desta industria láctea e, con elo, conseguir a recuperación de boa parte dos cartos invertidos”.