A CIG di que a Xunta renuncia as competencias de inspección sanitaria en prol das mutuas privadas
A central nacionalista alerta do "recorte de dereitos que isto supón, potenciando a burocratización do traballo das e dos médicos de Atención Primaria e xeneralizando a presunción de fraude por parte das traballadoras e traballadores".
O Real Decreto que está as elaborar o goberno sobre o control dos procesos por incapacidade temporal nos primeiros trescentos sesenta e cinco días da súa duración "está orientado a que as Mutuas de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais da Seguridade Social (MATEPSS), sexan as que dirixan esta prestación e actúen como autoridade de control da mesma, ignorando as propias competencias do Servizo Galego de Saúde".
Aliás, desde o sindicato nacionalista apóntase que "as diferentes mutuas poderán remitir, directamente, solicitude de informe as/os médicas/os de Atención Primaria, tendo estes catro días para contestalas e de non facelo o paciente causaría Alta por silencio administrativo, o que pode redundar en fonte de conflitos e inseguridade xurídica tanto para Médico de AP, como para os pacientes".