CaixaBank tantea mercar Novagalicia Banco

CaixaBank tería mostrado a súa disposición a adquirir a particpación do estado en NGB nun proceso ao abeiro da aposta do goberno de Rajoy por unha segunda vaga de fusións bancarias

 

CaixaBank estaría interesada en adquirir Novagalicia Banco (NGB), nunha operación en que a entidade catalá estaría a estudar prezos e condicións e do que o Banco de España xa tería coñecemento. O paso de Caixabank entaría no marco da estratexia do goberno de Rajoy, que aposta por unha nova vaga de fusións bancarias. A operación podería estar pechada antes do vindeiro verán.

Segundo recollen diversos medios, entre círculos de directivos de NGB teríase recoñecido que a adquisicón desta entidade financeira por outro banco sería a única saída posíbel, e máis despois de que a aposta por aumentar o capital de NGB con achegas privadas non dese os resultados previstos.

Cómpre lembrar que desde sindicatos como a CIG se ten exidido tanto a entidade como a goberno galego transparencia e información sobre o futuro deste grupo, alén de defender que se manteñan os 6.000 empregos.