O Brexit, un mar de incertezas para a pesca galega
Pode o Brexit variar a política pesqueira comunitaria da UE? Pode, si. Como lle afecta o Brexit á frota galega? Descubrímolo nunha reportaxe que publicamos no Sermos Galiza 225, á venda na loxa. Deixamos aquí un extracto.
“Estamos con Europa mais non somos Europa”, dixera Winston Churchill en 1953. Seis décadas despois, o 23 de xuño de 2016, os británicos decidiron en referendo que non só non eran Europa senón que non querían estar “con Europa”. Un dos sectores do Reino Unido que máis pulou a prol do Brexit foi o pesqueiro inglés. Nalgunhas áreas pesqueiras o apoio na consulta a marchar da UE foi do 80%. Na campaña do referendo non faltaron xornais sensacionalistas e armadores ingleses acusando de “piratas” os galegos, cargando contra esa trintena de buques de armadores galegos que faenan con bandeira británica e aos que acusaban de “destruír a nosa industria pesqueira” e “aproveitarse dos nosos recursos”.
[A reportaxe íntegra está publicada no Sermos Galiza 225, á venda na nosa loxa]