Os bancos gañaron mil millóns de euros máis no primeiro semestre

Obtiveron neses seis meses máis de 6.360 millóns de euros. 

Os grupos bancarios españois obtiveron un resultado nos primeiros seis meses de 2014 de máis de 6.363 millóns de euros, o que supón un 19,5 por cento máis que o atinxido no primeiro semestre de 2013. Os dados proceden da Asociación Española de Banca (AEB).

A patronal bancaria está satisfeita porque este aumento no resultado (por riba dos mil millóns de euros) fíxose nas principais marxes do negocio, co que a rendabilidade avanza 12 puntos básicos por riba da que tiñan a 30 de xuño do exercicio pasado. A 30 de xuño de 2014 o balance consolidado é de 2,34 billóns de euros.