O Parlamento galego aproba pedir ao Estado a cesión dos impostos aos depósitos da banca
O Parlamento aprobou que a Xunta pide ao goberno central que ceda a Galiza o imposto estatal sobre os depósitos de entidades bancarias. Permitiría recaudar, sinalan desde ooposición, por volta de 50 millóns de euros anuais
A Comisión de Economía do Parlamento aprobou esta semana unha proposición non de Lei presentada polo grupo socialista para que a Xunta lle pida ao goberno central que ceda a Galiza "o imposto estatal sobre os depósitos das entidades bancarias". Desde as filas socialistas ironizouse co feito de que “ten que ser a oposición a que lle diga ao goberno qué vías ten que aplicar para acadar financiamento”.
O portavoz de Facenda do grupo socialista, Juan Carlos González Santín, dixo que esta medida permitiría recadar en Galicia arredor de 50 millóns de euros para que a banca, “unha das grandes culpables da crise, contribúa a saír dela”.
Aliás, xxplicou que o ministro de Facenda aplicou un tipo impositivo do 0,2 por cento logo de ter aprobado este imposto a un tipo do 0 por cento “para impedir que o fixeran as comunidades autónomas”.
Na posposición dise que o goberno galego fará esta demanda na reunión do Consello Económico e Financieiro das comunidades autónomas