Abanca comprométese a non fechar oficinas en municipios onde é a única entidade

Unha oficina de Abanca en Compostela (Foto: Nós Diario).

Abanca garante o mantemento indefinido das oficinas nos 134 municipios onde é a única entidade con actividade, ao tempo que acorda ampliar o horario de atención no portelo até as 14 horas para as e os clientes de avanzada idade que o precisaren.