O vigués Rubén Fernández, serio aspirante a podio no Mundial de motocross en Lugo

Rubén Fernández correndo en Águeda, Portugal. (Foto: Nós Diario)
Lugo recibe esta fin de semana aos mellores pilotos de motocros. Non faltarán serán as figuras que están dominando a clasificación: Jeffrey Herlings, Romain Febvre e Maxime Renaux.

O motocrós mundial terá a súa capital os días 10 e 11 de maio en Lugo. O circuíto Jorge Prado acollerá o sábado e o domingo as probas desta especialidade do motociclismo. Malia a ausencia do piloto da casa que propiciou esta instalación, agora mesmo na Monster Energy AMA Supercross dos Estados Unidos de América (EUA), si contará coa presenza dos protagonistas da presente tempada. 

Os que non faltarán serán as figuras que están dominando a clasificación: Jeffrey Herlings, Romain Febvre e Maxime Renaux. Na anterior proba, realizada na localidade portuguesa de Águeda, non participou o nese momento líder do campionato, Tim Gajser (Honda HRC). 

Daquela, baixo a choiva e a lama que fixo dese circuíto un terreo practicamente impracticábel, foi Lucas Coenen quen conseguiu a dobre vitoria, perseguido por Romain Febvre.  O terceiro posto, e polo tanto podio, foi para o galego Rubén Fernández. Agora a clasificación xeral provisional está liderada por Romain Febvre, con 300 puntos, seguido de Tim Gajser con 305 puntos e de Lucas Coenen, con 287 puntos. Rubén Fernández subiu até o posto cinco cun total de 223 puntos. 

Ademais da categoría principal, en Lugo tamén se poderá ver a MX2. Está considerada como unha auténtica canteira para os corredores que buscan ascender dentro deste deporte. Polo circuíto galego estarán nomes como os do neerlandés Kay de Wolf (Husqvarna), o italiano Andrea Adamo (KTM), o surafricano Camden McLellan (Triumph) ou os belgas Liam Everts e Sacha Coenen.

Representación galega

Aínda sen Jorge Prado, a presenza galega está asegurada a través de Rubén Fernández, O vigués, único representante galego neste Mundial, procurará dar unha boa imaxe ante o seu público.

Este piloto debutou en 2022 e conta cun Gran Premio que gañou ao ano seguinte, o da Patagonia (Arxentina) en 2023. Daquela rematou oitavo para mellorar ao ano seguinte até a quinta posición.