[VÍDEO] Golpes e puñadas entre afeccionados na previa do Pontevedra CF-Cultural Leonesa

Momento do enfrontamento entre 'ultras' en Pontevedra.

Supostos seguidores do Pontevedra CF e da Cultural leonesa encerelláronse en varias pelexas na zona monumental da cidade do Lérez. Polo menos un seguidor resultou ferido leve.

As rúas de Pontevedra viviron un enfrontamento multitudinario entre supostos afeccionados do Pontevedra CF e da Cultural Leonesa que, na tarde deste sábado, 11 de febreiro, ás 19 horas, xogan o partido de liga correspondente á xornada 23 no estadio de Pasarón.

Polas redes circulan varios vídeos dos enfrontamentos, especialmente entre contas 'ultra' que gaban o 'honor' dos afeccionados que participaron na contenda.

Vixilancia extrema

Ante os acontecementos, axentes de policía, local e estatal, despregaron un dispositivo para desfacer os enfrontamentos e asegurar a seguridade pública.

Así mesmo, acordaron reforzar a vixilancia de ambas afeccións antes do choque deportivo, tanto polas rúas da cidade como nas inmediación de Pasarón.