A traíña feminina de Ribeira sobe ao podio na Concha

Imaxe da traíña masculina de Hondarribia na Bandeira da Concha de 2016. Foto: cedida.

Un terceiro posto na traíña feminina foi o botín acadado polas vogadoras galegas de Ribeira na proba estrela do deporte, a Bandeira da Concha 2018, en Donosti. Na sección masculina, Cabo acadou o quinto posto.
 

As vascas impuxéronse con autoridade na regata. San Juan levou a Bandeira por quinto ano consecutivo e Orio subiu ao segundo posto. Ribeira quedou en terceiro lugar.

 

Malia que a traíña masculina de Cabo partía entre as favoritas para os primeiros postos da Concha, quedou en quinta posición. Hondarribia levou unha Bandeira en que o predominio vasco quedou, novamente, de manifesto: acaparou os catro primeiros lugares da clasificación.