Suévia, Faíscas e Afiadores xogaron un amigábel de fútbol gaélico en Teo

Con motivo do Saint Patrick's Day a equipa compostelá de Suévia convidou á viguesa e á ourensá a un encontro no campo do Praíña en Pontevea, Teo. Vídeo no interior.

O Triangular de fútbol gaélico entre o Suévia (Compostela), Faíscas (Vigo) e Afiadores (Ourense) foi, ao final, un amigábel entre o Suévia e un combindo das dúas equipas convidadas após varias baixas de última hora. O encontro tivo lugar no campo do Praiña en Pontevea, Teo, baixo un ceo que ameazou choiva ao longo de todo o partido mais que deixou xogar en condicións.

Con algo máis de corenta minutos de atraso, o comezo estaba previsto para as 18 horas, o partido serviu para iniciar neste deporte a Afiadores. @s de Ourense tiveros a súa estrea no campo cunha boa actuación xunto a xogador@s do Faíscas mais non foron quen de achegarse no marcador ao Suévia. O resultado final, 34-8, foi o de menos, o importante foi dar a coñecer este deporte que gaña cada vez máis seareir@s.

A festa continuou na Gentalha do Pichel, en Compostela, cun concerto do grupo Carricovand e posterior foliada.