O Deportivo ten "intervidas" as súas faculdades de administración e disposición patrimonial
15 de xaneiro de 2013 (13:05 h.)
O Deportivo conserva no plano formal as faculdades de administración e disposición dos seus bens patrimoniais, mais na práctica o exercicio desas competencias fica sometido á intervención do administrador concursal, a empresa AD Cryex.
Así se tira do auto do Xulgado do Mercantil Número 2 da Coruña en que se declara o Deportivo en situación legal de concurso voluntario.
No auto dise tamén expresamente que o actual consello de administración "e os que desempeñasen o cargo de administradores nos dous anos anteriores a este auto" teñen o deber de comparecer persoalmente (en negriña no orixinal) perante o xulgado "cantas veces sexan requeridos" sen poderen delegar noutras persoas.