Kobe Bryant falece nun accidente de helicóptero

Kobe Bryant (Imaxe: NBA)

Kobe Bryant, considerado un dos mellores xogadores de baloncesto da historia, faleceu este domingo, 26 de xaneiro, por mor dun accidente de helicóptero en Calabasas, California. 

O ex xogador de baloncesto estadounidense, Kobe Bryant, faleceu este domingo, 26 de xaneiro, á idade de 41 anos debido a un accidente no helicóptero en que viaxaba á altura da cidade de Calabasas, en California, nos Estado Unidos de América. Brant viaxaba aompañado doutras oito persoas, entre elas a súa filla Gigi, de 13 anos; que tamén faleceron no sinistro. A tráxica nova adiantouna o medio TMZ.

Ao parecer produciuse un incendio no interior da aeronave, o que desencadeou o accidente.

Bryant está considerado como un dos mellores xogadores da historia do baloncesto e desenvolveu a súa carreira na NBA nos Angeles Lakers.

Coa selección estadounidense gañou até dúas medallas de ouro nos Xogos Olímpicos de Beijing 2008 e de Londres 2012.

Kobe chegou a desputar 18 veces o partido das estrelas da NBA, sendo o cuarto máximo anotador histórico.