Iago Aspas valora unha oferta do Chelsea para xogar na Premier a vindeira temporada
15 de xaneiro de 2013 (13:28 h.)
O futbolista franquicia do Celta militará na Premier a vindeira temporada.
Aspas, aos seus 25 anos unha das grandes sensacións da liga española, valora neste momento unha substanciosa oferta do Chelsea do multimillonario Abramovic .
O club londinense permitiría a Aspas concluír esta temporada nas fileiras do Celta, que recibiría algo máis de 10 millóns de euros pola operación.
O Reading, penúltimo na clasificación da Premier, tamén lle está a facer as beiras ao futbolista galego.