É a undécima medalla do ferrolán
Gómez Noya, bronce no Mundial de Tríatlon
31 de agosto de 2019 (20:15 h.)
O triatleta ferrolán, que rematou a derradeira proba das Series Mundiais de distancia olímpica, volve así ao caixón da disciplina coa ollada posta nas Olimpiadas de Tokio.
Despois dun ano de ausencia, 2018, o triatleta ferrolán Javier Gómez Noya volveu ao podio das Series Mundiais cunha medalla de bronce, a undécima presea que acada no campionato de distancia olímpica. Na derradeira proba, celebrada na localidade suíza de Lausana, rematou na sexta posición, suficiente para manter o terceiro posto dun Mundial que desta volta consagrou o francés Vincent Luis.
O triatleta galego engrosa deste xeito o seu incomparábel palmarés coa ollada posta nos Xogos Olímpicos a celebran en Tokio o vindeiro verán. Alí tratará de conseguir o único ouro que lle falta por acadar.