Francia, Noruega e Senegal protagonizarán o 'grupo da morte' do Mundial 2026
todo o mundo.
A atención de moitos dos apaixonados e das apaixonadas do mundo do fútbol internacional estivo na tarde de onte posta en Washington, nos Estados Unidos. A capital dos EUA foi sede do sorteo para conformar os 12 grupos da Copa do Mundo de 2026 que, esta vez, disputarase en México, Canadá e nos Estados Unidos. Foi un sorteo con participación récord: 48 seleccións clasificadas, que se distribuíron en 12 grupos distintos.
Os anfitrións do evento presentaron o vídeo do trofeo do Mundial e Lionel Scaloni, adestrador da selección arxentina, entregou a réplica da Copa do Mundo que obtiveron nese ano. Despois Gianni Infantino, presidente da FIFA introduciu o evento, presentando o presidente estadounidense, Donald Trump, como gañador do Premio da Paz da Federación. A concesión deste premio non pasou desapercibido por moitos, ante a situación actual de Estados Unidos con Venezuela. Ademais, o sorteo estivo acompañado pola actuación do cantante británico Robbie Williams e a artista estadounidense Nicole Scherzinger, entre outros.
Así quedan determinados os encontros
O grupo A fechouse cos nomes de México, Sudáfrica, Corea do Sur e o gañador do 'playoff' D. O segundo grupo conformárono Canadá, o gañador do 'playoff' A, Qatar e Suiza.
O grupo C quedou determinado por Brasil, Marrocos, Haití e Escocia. O seguinte grupo: Estados Unidos de América, Paraguai, Australia, e o gañador do 'playoff' C. O grupo E quedou fechado con Alemaña. Curaçao, Costa de Marfil e Ecuador.
Xa para grupo F, a sorte decidiu enfrontar Países Baixos, Xapón, o gañador do 'playoff' B, e Tunisia. No grupo G quedaron Bélxica, Exipto, Irán e Nova Zelandia. O grupo H fechouse coa selección española, Cabo Verde, Arabia Saudí e Uruguay. O seguinte grupo conformouse por Francia, Senegal, o gañador do "playoff" 2 e Noruega. O grupo J quedou para Arxentina, Alxeria, Austria e Xordania. O grupo K quedouse con Portugal, o gañador do 'playoff' 1, Uzbekistán e Colombia. Por último, o grupo L o conformaron Inglaterra, Croacia, Ghana e Panamá.
As grandes sorpresas para o Mundial de 2026
Curaçao, Cabo Verde, Xordania e Usbequistán foron as grandes sorpresas deste ano, xa que xogarán por primeira vez na súa historia un Mundial de fútbol. Tamén Haití acaparou miradas ao clasificarse á competición tras facelo por primeira e última vez en 1974. O caso de Curaçao é especialmente rechamante porque se converteu no país máis pequeno en lograr unha clasificación para a cita mundialista.
Tamén é significativo o caso de Costa Rica, que non logrou clasificarse desta vez despois de tres Mundiais consecutivos tendo a posibilidade de levantar a Copa. Semellante é o caso dos húngaros, que tampouco puideron clasificarse este ano. Levan sen conseguilo desde 1986, arrastrando tras de si unha longa seca futbolística que tiñan a esperanza de romper este ano.
Por outra banda, Gales, Polonia e Dinamarca son as tres únicas seleccións que estiveron presentes no pasado Mundial de Qatar e que esta vez disputarán a repesca para optar a unha praza. Polonia é unha selección que chama a atención na súa situación, pois é un dos países que máis Copas do Mundo xogou, con nove participacións, aínda que sen gañar ningunha. No caso de Italia, esta sería a terceira edición consecutiva que non logra clasificarse para o Mundial, despois de gañalo por última vez en 2006, tras tres vitorias anteriores.
As seleccións favoritas
Alemaña, Portugal, Inglaterra, Brasil, Arxentina, España e Francia sitúanse como as seleccións favoritas polo público para conseguir a vitoria o 19 de xullo de 2026, aínda que como sucede sempre neste deporte, nunca se sabe o que pode acontecer nunha competición que, desde logo, une a todo o mundo por unha mesma paixón: o fútbol. Un dos deportes máis valorados do mundo e que máis aporta economicamente aos clubs e ás federacións.
O Mundial celébrase cada catro anos e, esta edición, promete ser bastante memorábel ou, canto menos histórica polas sorpresas que nos están a dar países como Curaçao ou Haití, nos que semella que un destello de esperanza levántase para os seus habitantes, especialmente na situación na que se encontra Haití actualmente. No caso do Estado español, a selección parece imparábel, sen contar os problemas que se están a dar con algúns xogadores como Nico Williams ou Lamine Yamal. Mais isto é un Mundial e a conta atrás para xogalo xa está en marcha.
As seleccións favoritas
Na repesca que se disputará en marzo outorgaranse catro prazas para seleccións europeas e as dúas últimas para os países intercontinentais.
Os cruzamentos europeos deixan en xogo Italia contra Irlanda do Norte, Gales contra Bosnia, Ucraína medirase con Suecia, Polonia contra Albania, Turquía contra Romanía, Eslovaquia contra Kosovo, Dinamarca contra Macedonia do Norte e, por último, República Checa contra República de Irlanda. Polos postos intercontinentais competirán seis seleccións: RD Congo, Xamaica, Nova Calcedonia, Iraq, Suriname e Bolivia. RD Congo e Iraq accederon directamente, polo que a selección congoleña competirá contra a gañadora do encontro de Nueva Caledonia contra Xamaica, mentres que Iraq loitará por clasificarse no Mundial co Bolivia ou co Surinam, en función do resultado.