Os Foucellas da Billarda e os Corredoiras Bueu obteñen a vitoria

Os Foucellas da Billarda gañadores da última xornada. (Foto: LGB)
Charri e Bego conseguen o liderado da xornada

A billarda foi a protagonista na última xornada en Poio e Mos. O Campo de Billarda de Reiboa  (Poio) acolleu a Liga Galega de Billarda (LGB) nas Rías Baixas, na que os Corredoiras Bueu recuperou posición na táboa xeral ao aproximarse ao equipo Lúa. Nesta xornada, o equipo de Bueu contou coas incorporacións de Barreiro e Malvido, que contribuíron a facer posíbel a vitoria cun total de 85 puntos. O segundo posto foi para Lúa da Forza, conseguindo ser terceiros na clasificación Ghraboto que continúa nesta posición na táboa xeral da Liga. 

Nos equipos Femininos, as Valpaços F. conseguiron a súa primeira vitoria da liga, porén esta non serviu para aproximarse na clasificación xeral ao Gharabato, que conseguiron facerse co segundo posto. 


Na categoría absoluta, Charri continúa a súa xeira de vitorias conseguindo nesta xornada 25 puntos.  Pola súa parte Bego recuperou o liderado da Categoría Feminina e o Raio Verde Xián continúa marcando distancia na Categoría infantil, quedando a 23 puntos de Antía e a 28 de Sofía, as dúas rivais que lle poden disputar o Título. 

Castro de Rei acolleu esta xornada da Liga da Conferencia Noroeste, na que os Foucellas da Billarda conseguiron o primeiro posto, que os coloca na terceira posición da Xeral. 
Na categoría de Equipos femininos, Río Miño F. pasou por enriba dos dous favoritos da Liga, Campos da Feira F. e Cochiquieras, conseguindo vencer. A Canariña da Terra Chá tivo unha actuación soberbia e superou contra prognóstico as panteiras de Cerceda que non encontraron os bos golpes, superadas polas enigmáticas liñas de Nazca do prado de San Xiao de Mos.  Na categoría absoluta Juan Carlos conseguiu a vitoria, tendo por detrás nesta xornada Collazo e Abel. Pola súa parte, Vero con 10 puntos, obtivo o primeiro posto na Categoría Feminina por riba de Delia e Lu. Na Categoría Infantil Mauro continúa a conseguir vitoria nesta última xornada conseguiu obter dous puntos máis ca Xián, que se puxo no segundo posto.