A Federación galega cesa a Pilar Neira como seleccionadora

Pilar Neira [Facebook]

A selección galega feminina de fútbol praia queda sen adestradora após serlle comunicado o seu cesamento a Pilar Neira.

 

Pilar Neira, até hoxe adestradora da selección galega de fútbol praia feminino comunicou esta terza feira (16 de xuño) através da súa conta persoal en Facebook que foi cesada. 

Así o tería decidido a Federación galega de fútbol. "Algo que intuía que ía suceder", asegurou Neira. No sucinto comunicado pendurado na rede social, a adestradora agradeceu a "confianza depositada en min" durante os tres anos en que estivo á fronte da selección coa que acadou un sub-campionato e 2 campionatos estatais. 

Aliás, Pilar Neira asegurou ás xogadoras que foi "unha honra" partillar con elas o traballo realizado.