FÚTBOL

E os do Celta borboriñarán “Forza Depor!”

Celta e Depor
Unha vitoria dos coruñeses ante o Valladolid achegaría os celestes ao segundo posto, con praza de ascenso directo garantida

Fin de semana crucial para os equipos galegos que navegan pola segunda división coa vista posta en ascender á cateogoría de ouro do fútbol do Estado. O Deportivo precisa garantir contra o Valladolid o seu primeiro posto tras a derrota co Almería (0-2) e tendo en conta que tras recibir aos vallisoletanos debe xogar co Numancia, un combinado nada doado. E o Celta visitará o sábado o Sabadell mirando de esgullo o que os herculinos fan contra o Valladolid.

Deportivo e Valladolid manteñen unha vella rivalidade desde hai anos (en Riazor non esquecen aquela salvaxada do despois madridista Fernando Hierro sobre Fran, “O Neno”). Se a iso se engade a necesidade dos herculinos de amarraren tres puntos para asegurar continuar na cabeza do ascenso directo, non é de estrañar que @s siareir@s celestes confíen, aínda que for por unha vez, que @s rivais do norte cumpran e beneficien, ben que indirectamente, ao Celta.

 O Deportivos ten 75 puntos, o Valladolid 70 e o Celta, 65, aínda que os celestes teñen un partido menos que os dous anteriores.