Fran Vázquez
"O deporte galego pouco a pouco vai a mellor"
05 de xuño de 2017 (09:17 h.)
Esta segunda feira, un dos grandes do baloncesto galego de todos os tempos, Fran Vázquez, fainos chegar as súas opinións ao #VenhanMais5.
-Como ves o estado actual do deporte galego?
-É como todo, sempre ten que haber xente que estea disposta a axudar para que as cousas funcionen.
-E que evolución agardas a cinco anos vista?
-Agardo que a coa axuda da xente, concellos, institucións, etc, a evolución creza e non se deteña, xa que pouco a pouco o deporte galego vai a mellor.
-Que esperas de Sermos nos próximos cinco anos e en que cres que debemos e/ou podemos mellorar?
-A verdade é que non son de ler prensa, falo tanto da deportiva como da social, pero espero que sigades crecendo