Coronavirus: Celta, Dépor e Lugo xogarán as 2 vindeiras xornadas a porta fechada

Balaídos

Os partidos de La Liga, tanto en Primeira como en Segunda, xogaranse sen público.

As vindeiras dúas xornadas de La Liga, tanto en Primeira como en Segunda, xogaranse a porta fechada. Unha decisión adoptada polo Goberno español como medida para conter a expansión do coronavirus e que afectará os 3 clubs galegos que compiten nestas categorías: Celta de Vigo (Primeira), e Dépor e Lugo (segunda).

Así, o Celta disputará as xornadas 28 e 29 en campo sen público. A primeira delas, este sábado en Balaídos fronte ao Villareal, un encontro no que os celestes non poderán sentir o apoio no campo da afección. A vindeira semana o Celta desprázase a Valladolid, onde tamén se xogará o partido a porta fechada.

No que atinxe o Dépor, este sábado xoga contra o Spórting en Riazor e a vindeira semana deberá enfrontarse contra a outra equipa asturiana, Oviedo. O CD Lugo ten unha cita esta fin de semana co Racing de Santander (en Cantabria) e para a semana xa en Lugo co Zaragoza. Todos estes encontros serán sen público.