O Celta reencóntrase coa vitoria fronte un Athletic ao que non derrotaba en Balaídos desde 2003

Imaxe: Celta

Os celestes rexistraron unha primeira parte brillante, exemplificada nos 10 minutos nos que marcaron os tres goles.

 

O Celta reencontrouse coa vitoria, após dúas derrotas (Málaga e Atlético de Madrid) que facían temer a volta de nubarróns no ánimo celeste. O Celta derrotou o Athlétic de Bilbao, ao que levaba desde 2003 sen derrotar en Balaídos. Fíxoo desta vez e con autoridade (3-1), grazas sobre todo a unha primeira metade de luxo.

 

Dez minutos, os que transcorren entre o minuto 16 e o 26, exemplifican a aposta do Celta. Foron do mellor que os celestes realizaron esta tempada. Dez minutos nos que o Celta marcou tres goles, vantaxe que fixeron valer xa até o final do econcontro.

 

Na segunda metade os vascos tentaron dar a volta ao marcador e apertaron, metendo intensidade e presión. O Celta xa non era o da primeira metade, mais resistiu. Baixou o ritmo mais non renunciou ao partido. O gol de Raúl García, a pouco máis de 6minutos do final, non puxo nerviosos os galegos, que mantiñan ventaxe de 2 tantos.

 

Ficha técnica

Celta (3): Rubén, Hugo Mallo, Sergi Gómez, Fontàs, Jonny, Lobotka (Radoja, min.84), Wass, Pablo Hernández, Iago Aspas (Jozabed, min.90), Sisto, Maxi Gómez (Guidetti, min.76).

Athletic (1): Kepa, Bóveda (Lekue, min.73), Laporte, Núñez, Balenziaga, San José, R. García, Vesga (Iturraspe, min.46), Córdoba (Aduriz, min.46), Susaeta, Williams.

Goles: Sergi Gómez (1-0, min.16); Iago Aspas (2-0, min.23); Iago Aspas (3-0, min.26); Raúl García (3-1, min.38).

 Árbitro: Gil Manzano, do comité estremeño. Amoestou Vesga, Aduriz (Athletic); Sergi Gómez, Maxi Gómez (Celta).

 Campo: Balaídos (19.876 espectadores).