O Celta economiza forzas para Europa

Un lance do xogo

Sen obxectivos ligueiros á vista, o Celta acusou o esforzo do choque europeu co Genk e cedeu os tres pontos en Balaídos a un Betis que si se xogaba algo máis, pór terra de por medio sobre os postos do descenso.

Difícil competir con tensión cando non hai nada en xogo. Iso foi o que lle aconteceu ao Celta este domingo co Betis. A equipa de Berizzo ten agora a Europe League -o tremendo duelo co Manchester United nas semifinais no horizonte- así que tampouco é como para censurarlle que na liga se desen un pequeno descanso.

O encontro resolveuse na primeira parte, dominado posicionalmente por un Betis que afrontou o choque con maior ambición. No segundo acto, o Celta mellorou un chisco coa entrada na cancha de Beauvue, Wass e Jonny, mas, paradoxalmente, foi nese período cando o Betiz cazou o gol (obra de Brasanac, minuto 54) que fechou o partido.

Con esta derrota, o Celta totaliza 44 pontos e continúa en terra de ninguén, a 9 pontos dos postos que dan á clasificación europea e a nada máis e nada menos que 21 da zona de descenso.

Celta: Sergio, Lemos, Roncaglia, Sergi Gómez, Planas (Jonny, min.63), Marcelo Díaz, Radoja, Pape (Wass, min.71), Jozabed, Bongonda, Guidetti (Beauvue, min.59).

Betis: Adán, Rafa Navarro, Mandi, Bruno, Tosca, Durmisi, Brasanac (Cejudo, min.88), Rubén Pardo (Petros, min.86), Ceballos, Joaquín (Rubén Castro, min.82), Alegría.

Gol: Brasanac, min. 54: 0-1.

Árbitro: De Burgos Bengoetxea, do comité vasco. Amonestou Planas, Wass, Marcelo Díaz (Celta); Durmisi, Bruno, Navarro, Ceballos, Cejudo (Betis).

Campo: Balaídos, 15.851 espectadores.