O cangués Pablo Graña, campión de Europa de C1 200 metros
Sara Ouzande e Estefanía Rodríguez conquistaron a prata en K4 500 metros.
O canoísta Pablo Graña proclamouse este sábado campión de Europa na modalidade C1 200 metros, ao se impor na final ao polaco Oleksii Koliadych e ao ucraíno Andrii Rybachok, que completaron o podio.
O padeeiro de Cangas (O Morrazo) marcou o mellor rexistro na liña de meta cun tempo de 38.291. A final dos Campionatos de Europa esprinte estanse a disputar en Racice (República Checa).
Graña, que milota no Náutico Rodeira, xa subira todo o máis alto do podio continental en 2021.Gañou catro medallas no Campionato Mundial de Piragüismo entre os anos 2019 e 2024, e catro medallas no Campionato Europeo de Piragüismo entre os anos 2021 e 2025.
Nos Xogos Europeos de Cracovia 2023 conseguiu dúas medallas, ouro en C2 200 m mixto e bronce en C1 200 m. O pasado mes de maio conquistou a medalla de prata na final de C1 na Copa do Mundo.
Ouzande e Rodríguez
Non foi esta a única boa nova para o piragüismo galego este sábado. Sara Ouzande e Estefanía Rodríguez foron prata en K4 500 metros.
Ouzande é asturiana mais considerada "deportista galega de alto nivel" (DGAN) e Estefanía Fernández é estremeña mais compite co Club Fluvial de Lugo.