Cabo, Mecos e Cabana, campións galegos de traiñeiriñas

Imaxe dunha competición de traiñeiriñas.

Os do Barbanza impuxéronse na fila absoluta masculina e as do Grove na feminina. Cabana venceu en xuvenís.

Cabo de Cruz e Mecos son os clubs vencedores no Campionato galego de Traiñeiriñas 2017, que esta fin de semana se desputou en augas crucenses. Os de Cabo fixéronse coa vitoria na final absoluta masculina, onde competían cinco embarcacións, impóndose a Tirán e Moaña, segundos e terceiros, respectivamente.

Na final absoluta feminina venceron as remeiras de Mecos, entrando en segunda posición Ribeira e en terceira, Meira. A traiñeiriña de Mecos impúxose na parte final da regata, que comezou dominada polas de Ribeira.

Na terceira categoría en competición, xuvenil masculino, Cabana foi a gañadora, dominado desde o principio da regata. De segundos, Rianxo, que lograron o posto nunha emocionante pugna con Cabo de Cruz, que foron terceiros, a apenas medios segundo dos rianxeiros. Bueu foi cuarto e Cesantes, quinto.