Berizzo sobre Orellana: “Comigo non pertence máis ao equipo”

O adestrador céltico dixo que o xogador protagonizou unha “falta de respecto inaceptábel, no persoal e no colectivo”. O club apoia o técnico e anuncia que procura unha saída no mercado para o xogador.

Orellana acabou a súa carreira no Celta de Vigo, o equipo no que nestes anos xogou un papel destacado e foi determinante en máis dunha ocasión. Berizzo, o adestrador celeste, foi claro na súa comparecencia desta terza feira: “Comigo non pertence máis ao equipo”. Non quixo o técnico entrar en detalles mais falou dunha “falta de respecto inaceptábel, no persoal e no colectivo” que lle levaron a tomar esta decisión. O club, que intentou mediar entre ambos os dous, apoia o adestrador e xa busca unha saída para o xogador no mercado. Polo momento, non se coñece en que consistiu esa falta de respecto da que falou Berizzo.

Berizzo falou persoalmente con Orellana para transmitirlle que non contaba máis con el. O adestrador tamén quixo facer unha chamada á tranquilidade, tendo en conta que o Celta está ás portas dun crucial partido contra o Real Madrid en cuartos de final da Copa do Rei. De aí que insista en que este episodio non vai afectar ao equipo nin a ese partido. 

Orellana: "Berizzo foi deseal"

Fabián Orellana afirma estar tranquilo. Dillo á prensa do seu país en declaracións após a rolda de prensa de Berizzo. "Se me teño que ir, ireime triste pola afección e pola cidade". Sobre os feitos, recoñece un errr, mais di que "de algo moi pequeoxerouse algo moi grande" e asegura que Berizzo "foi unha persoa moi desleal comigo".