Chequia, o seguinte paso do Baxi Ferrol na Eurocup

O Baxi Ferrol adestrando onte na cancha do Brno, en Chequia. (Foto: Baxi Ferrol).
O partido definirá as opcións que ten o equipo galego na competición. 

O Baxi Ferrol disputará esta cuarta feira o segundo partido da Eurocup Women, desta vez enfrontándose ao KP Brno de Chequia (Pavillón SH Vodova, 17 horas) nun choque que será retransmitido en directo pola TVG. As xogadoras de Lino López chegaron esta segunda feira ao seu destino e xa adestraron onte no pavillón onde decorrerá o propio encontro. As galegas trasladáronse directamente desde Catalunya, con algunha escala aeroportuaria,  despois de perder na cancha do Uni Xirona por 78-68 e visitar as instalacións do seu máximo patrocinador, deberán recuperarse tamén do  mal inicio nesta competición. 

O técnico galego ten en conta que o primeiro partido europeo, realizado o pasado 9 de outubro na Malata, ante o Galatasaray por 66-83. Daquela, as ferrolás mantiveron a esperanza durante case todo o choque. Pola súa parte, as checas, que contan co factor campo a favor, gañaron na primeira xornada na pista do pavillón Sidonio Serpa, en Ponta Delgada, ante o Sportiva Açores Airlines por 63-73. A visita ás illas portuguesas deulle moral e puntos a un equipo que aspira pasar de rolda.

Viaxe directo

As galegas levan un ritmo alto neste inicio de copa e deberán adaptarse con rapidez ao cambio mental que comporta mudar de competición. Diante terán un equipo “que ten xogadoras moi polivalentes”, como indicaba López en declaracións aos medios de comunicación, “sobre todo nos contraataques e nos tiros de tres”, agregaba.

Con todo, os ánimos están altos no equipo de Ferrol e contan con facer un bo papel nesta visita ao centro de Europa.

Partido crucial

O partido en Chequia desta cuarta feira será crucial para saber as opcións que teñen ambos os dous equipos de quedar en segunda posición tras o Galatasaray. Iso se se ten en conta a condición de favorito no grupo J, mesmo para gañar a copa, da que goza o conxunto turco. 

Neste sentido, o técnico ferrolán ten moi en conta que o seu  rival vén de gañar a primeira xornada, polo que considera que “parten como serias candidatas a esa segunda praza”. 

A Lino López información de primeira man sobre o equipo  checo non lle falta. O Baxi Ferrol conta entre as súas filas cunha xogadora que coñece ben ao rival desta rolda: trátase da checa Julie Pospíšilová (Praga, 1999). A internacional polo seu país, que figura como escolta en la ficha FEB e terminou entre as cinco mellores taponadoras da pasada liga.