'Zoquiñas Vermellas' da olaría de Buño para conmemorar o 8 de marzo

Os zapatiños, secando após o proceso de esmaltado. (Foto: Ártabra).

O Concello de Malpica ultima os detalles da preparación das Zoquiñas Vermellas de cara ao 8 de marzo, Día Internacional da Muller.

A pasada quinta feira tivo lugar o esmaltado das pezas de olaría de Buño na Casa do Oleiro, onde as persoas alí presentes -entre as que se atopaban a concelleira de Igualdade e Olaría, Leticia Varela, así como xentes do mundo da olaría de Buño- contribuíron no proceso de esmaltado en vermello das pezas que servirán como "reivindicación ante a lacra da violencia machista". O resultado final poderase ver hoxe, logo de que os zapatiños tiveran que pasar de novo polo forno.

Está proxectado que, ademais de realizar actos públicos con estas obras, se fagan tamén obradoiros con escolas da vila.