Responsábeis de vinte Festivais audiovisuais dan pasos para se coordinar
Son vinte os festivais de audiovisuais que se desenvolven en Galiza que responderon á chamada da Academia Galega do Audiovisual co fin de dar os primeiros pasos para creación dunha coordinadora.
O resultado da primeira xuntanza de representantes de vinte festivais do mundo audiovisual foi o acordo para crear unha coordinadora para acadar unha maior visibilidade.
Entre as primeiras medidas aprobaron a creación dun calendario común de festivais mais tamén decidiron establecer sinerxías entre eles como compartir apoio técnico e xurídico. Representantes das direccións dos vinte festivais mostraron tamén a vontade de se uniren en coordinadora para mostrarse como “unha única voz ante as administracións”. O obxectivo é, segundo sinalan, que os certames “aproveiten sinerxías, compartan experiencias e se reforcen mutuamente”.