Vídeo da presentación de "Inflamable", o último traballo de Samuel L. Paris
28 de outubro de 2012 (00:31 h.)
"A literatura debe arder". É baixo esa proclama que Samuel L. París vén de presentar o seu último traballo,unha mistura entre música e literatura --disciplinas nas que o autor se move con comidade-- co punk por base. "Inflamable" é o titulo desta obra, editada por Edicións Positivas, mais dispoñíbel no netlabel "O toxo rabudo". En 2008 xa publicara o exitoso e rompedor "Manual da destrución" no netlabel A Regueifa Plataforma.