De viaxe á VianaCon: Portugal e Galiza xogando
A Associação Cultural e Artística ArtMatriz, con 11 anos de historia e vinculación coa pintura, leva a cabo actividades culturais e exposicións como a de Mostrarte. Ademais, na actualidade pódese visitar outra mostra da entidade, neste caso sobre saúde mental e que percorre Portugal. Mais da matriz deste espazo artístico xurdiron outras experiencias, como a sección de xogos de taboleiro. Neste caso foi a través dun pequeno grupo de amigos que comezou a xogar no taller de pintura, aproveitando o lugar para novas actividades.
"A associação existe desde hai varias décadas e a parte dos xogos, que xurdiu posteriormente, involucra na actualidade máis de 50 persoas voluntarias. Foi un grupo moi pequeno que empezou a xogar nas convencións. Co tempo, acabouse convertendo na primeira convención na que viñeron perto de mil persoas. Nós colaboramos co Concello de Viana do Castelo, e o que fai o Concello é prestarnos o espazo onde traballamos, que é unha sala multiúsos —serve para teatro, música e ese tipo de cousas. Nós colocamos as mesas por toda a sala e adaptámola para o que precisamos–". Comentan desde a organización do evento que "desta maneira nacen as grandes convencións de xogos, que empezaron en 2020 coa primeira edición en febreiro, atraendo arredor de mil persoas, en colaboración co Concello de Viana do Castelo, que cede un espazo multiúsos".
[Poderás ler a reportaxe íntegra no Sermos Galiza que acompaña o Nós Diario deste sábado, 9 de novembro. Resérvao no teu quiosque ou subscríbete ao xornal!]