Tímpanos medievais da Galiza: San Martiño de Mondoñedo. Os inicios do románico galego
01 de febreiro de 2021 (18:59 h.)
A historia de San Martiño de Mondoñedo é longa, escura ou lendaria nos seus inicios pola escasa documentación existente, mais moi interesante e frutífera. Vinculada a persoeiros como san Rosendo ou a raíña Urraca, pasou por bastantes avatares evitando, moitas veces, a ruína e exemplificando unha resiliencia teimuda que nin sequera desaparece cando estivo a punto de colapsar o edificio en época contemporánea. Aí, unha vez máis, rexurdiu chegando a nós do xeito que agora apreciamos. Quizais a súa situación rural, a perda de poder polo traslado da sé episcopal a Vilamaior de Vallibria (actual Mondoñedo), e, en xeral, máis o laissez faire, laissez passer que un verdadeiro interese xeral pola súa conservación ou supervivencia axudou a que sobrevivise ao paso dos séculos.
Debes estar rexistrado para ler este contido
Se xa tes unha conta, inicia sesión
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a subscricion@nosdiario.gal.