Do 14 ao 18 de xullo

Terra da fraternidade enche de música Compostela

The Lákazans

A iniciativa musical Terra da fraternidade trae á capital galega grupos de música de tres continentes para salientar o carácter multicultural da cidade. Cinco días de concertos na praza da Quintana que servirán de apertura para as festas do Apóstolo.

Este proxecto musical, promovido polo Concello de Santiago de Compostela, nace co obxectivo de reivindicar esta cidade como terra de acollida de persoas e culturas de diversas orixes. Esta nova iniciativa celebrarase entre os días 14 e 18 de xullo.

 

Durante estes cinco días, a Praza da Quintana acollerá concertos de grupos e músicos da nosa terrra como Habelas Hainas, The Lákazans ou Abe Rábade pero tamén de outros de orixe estranxeira como Selma Uamusse ou Pat Thomas & Kwashibu Area Band

 

Cada día poderase escoitar a un grupo estranxeiro seguido da súa contraparte galega. Terra da fraternidade ofrece así concertos dobres onde música autóctona e estranxeira se combinan nun só ser.

 

Ao remate de cada conocerto, DJ Najle encargarase de poñer música a Verbena Globalbeat que terá lugar ao remate de cada concerto. O 18 de xullo, García DC & Nación Quilombo apresentarán o seu último proxecto como fin de festa.