Tanxugueiras fechará un cartel de luxo no Intercéltico de Moaña 2025
Ailá e Dervish tamén figuran entre as invitadas ao festival deste ano.
O Festival Intercéltico do Morrazo celebra este ano a súa 41ª edición. Organizado polo Concello de Moaña, terá lugar do 23 ao 27 de xullo de 2025, aínda que os concertos concentraranse en dúas xornadas, a sexta 25 e o sábado 26 na explanada do palco da música. Un festival onde o público poderá gozar de concertos e actividades paralelas, como a Mostra de Artesanía da Cultura Tradicional (MOA).
O día 25, a partir das 22 horas estará no escenario o cuarteto Ailá, gañador dos Premios Martín Códax da Música 2023 na categoría de Música Tradicional e que en 2024 foi unha das propostas galegas elixidas para o stand da Galiza de FITUR. A continuación, a banda irlandesa Dervish será a encargada de fechar a noite ante miles de persoas. Son os Rolling Stones da música folk internacional, segundo definiu a concelleira de Cultura, Coral Ríos, quen amosa a súa satisfacción por un cartel que combina "novidade con superexperiencia".
Moaña recibirá ao día seguinte ao dúo escocés Ross Ainsley & Tim Sdey, que visitaron a localidade o ano pasado para ofrecer un concerto acústico no alto da praza e que regresan nesta ocasión para formar parte do cartel da FIM 2025. Rematarán as galegas máis internacionais que conseguiron percorrer o mundo coa súa música. Aínda lembran que participar na edición de 2019 foi un "subidón" nun momento especial, xusto antes do seu boom televisivo e musical que os levou ao máis alto.
O Concello de Moaña acordou coa navieira Nabia aumentar as frecuencias a Vigo durante a fin de semana do festival para que os afeccionados á música folk do outro lado da ría poidan acudir aos concertos sen necesidade de utilizar o seu vehículo.