Soledad Penalta e Menchu Lamas, nominadas a faceren parte da Academia de Belas Artes de Galiza
17 de abril de 2018 (19:14 h.)
Escultura e pintora, son candidatas a se incorporaren á institución en calidade de academicas numerarias. Neste momento, a nómina de mulleres é de apenas 3 dun total de 27 membros numerarios.
O plenario da Academia de Belas Artes de Galiza que tomará unha decisión sobre as candidaturas de Penalta e Lamas terá lugar o domingo 27 de maio. Segundo puido saber Sermos, as súas son as únicas nomeacións, o que indica que con toda seguridade adquirirán a plena condición de integrantes da institución.