Santo Amaro, o noso Père-Lachaise
Non resulta esaxerado considerar o camposanto histórico da Coruña, Santo Amaro, o máis importante da Galiza dados os persoeiros que acubilla entre as sepulturas. Afondamos no interese histórico e artístico dunha necrópole construída fronte ao mar. Percorrela tamén é percorrer a historia da Galiza, pois nel fican soterrados os restos de galegas e galegos ilustres. Escribimos sobre este cemiterio no Sermos Galiza 240. Eis un extracto da peza.
Máis de 26 mil metros cadrados construídos en 1812, após a prohibición dos enterramentos nas igrexas e na súa contorna, ao pé do Atlántico e coa vista posta no Faro de Mera. O cemiterio histórico da Coruña, Santo Amaro, acolleu os primeiros enterramentos no século XVIII. É un dos máis fermosos de Galiza, tanto pola situación como polas obras de arte funeraria. Tamén se considera o primeiro cemiterio civil galego. Ao arqueólogo e museólogo Felipe Senén, colaborador de Sermos Galiza, non lle resulta estraño, “A Coruña portuaria estaba aberta a todo. A Coruña dos señoritos ilustrados, de Juana de Vega, das cigarreiras revolucionarias... sempre estivo moi por diante e influíu na súa periferia”.
[Podes ler a reportaxe íntegra no Sermos Galiza 240, á venda na loxa]