Que facer?

Redondela acolle sexta e sábado a décima edición de Ventorock

Sete Cuncas, un dos grupos que tocarán no Ventorock

Pontevedra. PONTEATRO 2017. Teatro Principal. 23.59 h

Dentro do ciclo e nos “Venres golfos”, preséntase “Desconexión", unha peza sobre un individuo que vive conectado a un semáforo regulando o tránsito de peóns.

 

Redondela. X VENTOROCK. Ventosela. Sexta feira e sábado.

Coas actuacións de grupos galegos como Sete Cuncas (Redondela), Antón Ke (Soutomaior), Recambios Tucho (Ribeira), Madmartin Trío (Santiago), entre outros. 

 

Carballo. FILLOS DO SOL. Sábado. 20.30 h

Contraproducións estrea esta peza sobre a figura de Eduardo Pondal e a súa obsesión coa obra que ocupou toda a súa vida como escritor: “Os Eoas”.

 

San Sadurniño. MAGOSTO POPULAR EN LAMAS. Local social Lamas. Sábado.

Menú a base de liscos, chourizos ao viño, castañas, pan e viño e para a noite un fantástico espectáculo de maxia.

 

Ourense. ROTEIRRÍOS. Chandrexa de Queixa. Sábado.

Proxecto Ríos propón coñecer unha das Reservas Naturais Fluviais de Terra de Trives, o Río Navea no Macizo Central en Chandrexa de Queixa.

 

Vedra. PASABODEGHAS 2017. San Miguel de Sarandón (campo da festa). Sábado e domingo.

O evento, que xa vai pola oitava edición, propón unha fin de semana pasada por concertos, ruta gaiteira e tamén actividades para as crianzas, exposicións e postos de artesanía. O Pasabodeghas bota a andar o sábado cunha ruta gaiteira con degustacións polas sete bodegas que participan, acompañadas da música de Vide Preto, Varacuncas, Os Campantes da Baña, Tíralle do Aire, e máis. 

 

Santiago de Compostela. BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA. Teatro Principal. Domingo. 12 h

Actuación da Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela. Nesta actuación o director invitado será Juan Alberto Pina.

 

Pontevedra. DE MARÍA VINUALS A MARÍA LLURIA. Museu de Pontevedra. Até o 12 de novembro.

Mostra dedicada á precursora do feminismo María Vinyals y Ferrés (1875-ca. 1940), escritora, feminista e activista social, sobriña política do marqués de la Vega de Armijo, propietario do castelo de Soutomaior, onde ela naceu. A exposición está formada por documentación persoal, bibliografía, imaxes gráficas e outros testemuños que dan conta da súa vida e obra.