Pontevedra acolle o festival das artes escénicas para bebés e familias
Comeza esta fin de semana o Festival das Núbebes, que este ano alcanza a súa sexta edición.
Ruta pola arte urbana
Carballo
Museo de Bergantiños
Sexta feira
20.00h
A Semana Europea da Mobilidade inclúe unha ruta guiada polos proxectos Derrubando Muros con Pintura e Rexenera Fest de arte urbana promovidos polo Concello de Carballo.
Fillos do sol
Ames
Casa da Cultura do Milladoiro
Sexta feira
21.00h
Teatro a cabalo entre a realidade ficcionada e a fabulación dramática, sobre Eduardo Pondal, para lembrar o centenario da morte do bardo bergantiñán.
Ultranoite 110
Teo
Auditorio Constante Liste da Ramallosa
Sexta feira
22.00h
Unha nova cita coa Ultranoite de Chévere onde non faltará o mellor teatro, a música ao vivo e o escarnio máis actual da man de diferentes artistas.
VIII Concentración de Clásicos de Naraío
Naraío
A Fontela
Sábado
10.00h
A oitava edición da concentración de vehículos clásicos inclúe unha ruta e visita ao castelo de Moeche, sesión vermú coa solista Cris López e xantar popular.
Amour con Apego
Compostela
Teatro Principal
Sábado
18.30h
Unha obra teatral de Marie de Jongh (Euskal Herria) sobre o amor, a importancia do significado das palabras e o paso do tempo, para todos os públicos.
II Festival Son Labrego
Garabelos, Mariz (Chantada)
Cinema Palleiriso
Sábado
Un espazo para debater, reivindicar e festexar un rural vivo e activo a través dun programa que inclúe palestras, obradoiros, concertos e moito máis.
Somos Muller
Calo
Carballeira de Cornide
Domingo
12.30h
Co gallo do Día internacional contra a explotación e o tráfico de mulleres, as Tanxugueiras, A banda da Loba e as Habelas Hainas encargaranse de poñer a música no marco do proxecto “Somos Muller", un programa de prevención da violencia que terá como prato forte este concerto o domingo 23 de setembro ás 12.30h na Carballeira de Cornide (Calo).
VI Festival das Núbebes
Pontevedra
Diversos espazos
Desde esta sexta feira até o domingo 30 de setembro
O festival das artes escénicas para bebés e familias desenvolverase os días 21, 22, 23, 29 e 30 de setembro en espazos espallados pola cidade pontevedresa. A programación inclúe teatro, danza, música, animación de rúa, obradoiros para familias e profesionais coa atención temperá como fío condutor, así como palestras e debates sobre nutrición, fisioloxía e sobre a linguaxe de signos na primeira infancia.
Auga. O sangue da terra
Fisterra
Lonxa de Fisterra
Até 27 de setembro
Unha exposición que reúne a obra do fotógrafo Manuel Valcárcel, imaxes que teñen como finalidade concienciar sobre a importancia da auga nas culturas, paisaxes e ecosistemas.