Patrocinar un chimpibús ou un jalpón para apoiar o X Festival de Cans

Festival de Cans
Poñerlle o nome dunha zapatería a un chimpibús ou bautizar un jalpón co cartaz dun supermercado. A organización do Festival de Cans decidiu non quedar parada despois de saber que o ministerio de Cultura non apoiará a realización do que sería a súa décima edición. Para lle facer fronte ao revés, botan a andar unha campaña para acadar apoios privados no décimo aniversario do singular festival audiovisual do rural. A cambio, ofrecen “agroglamour”.

Pechada a vía do ministerio de Cultura e á espera de saber se a consellaría a través de AGADIC vai ter en conta a Cans, a organización do festival “busca novos camiños” para que a primeira década de existencia conte co “aglogamour” que se agardaba nesta conmemoración.

Buscan a través dunha campaña implicar a diferentes empresas e sectores ofrecéndolle a cambio “a cada marca unha proposta única, buscar o punto en que conflúen o espírito do festival e a imaxe e filosofía de cada empresa”. Patrocinar un chimpibús, un jalpón ou Jaliñeiro Unplugged son algunhas das posibilidades. Poñer a marca da empres nas alfombras vermellas ou a leira dos coloquios son outras fórmulas para facer visíbel calquera empresa adaptándose á filosofía de Cans. Na súa web poñen un correo e un teléfono para se implicar mailapoia@festivaldecans.com e 695379968.