Palabras con memoria: palabras da lingua sexuada
andar ghañosa/o.- Ter unha persoa moitas gañas de practicar sexo.
Lugar de escoita.- O Morrazo.
Fonte.- Diego Iglesias.
Outros apuntamentos.- Desde a APAMP (Vigo).
apurrugar.- Realizar o acto sexual.
Exemplo.- “Na miña vida cheguei a apurrugar.”
Lugar de escoita.- Caldas de Reis.
Fonte.- Gloria Ruibal Ruibal “Coralia”.
Outros apuntamentos.- Centro de Día de Portas. Adoita pronunciarse con gheada.
atabán.- (Ademais de significados xa rexistrados) Membro sexual masculino de grande tamaño.
Lugar de escoita.- Muxía.
Fonte.- Proxecto Buserana de Muxía.
petriscar.- Realizar o acto sexual.
Lugar de escoita.- A Pobra do Brollón e comarca.
Fonte.- Orcelina Parada Cortiñas.
pingazo.- Encontro sexual, coito, quenvive.
Lugar de escoita.- Vilasivil (O Courel).
Fonte.- Dun vocabulario courelao.
prefacia.- Eufemismo do órgano xenital feminino.
Lugar de escoita.- Terra de Melide e Tabeirós.
Fonte.- Xosé Vázquez Pintor.